O SERVIZO DE ORIENTACIÓN OU TRATAMENTO PSICOLÓXICO PARA PERSOAS OU FAMILIAS EN RISCO DE EXCLUSIÓN SOCIAL, posto en marcha no presente ano, diríxese a persoas ou familias que precisen orientación ou tratamento psicolóxico por unha dificultade psicolóxica, relacional ou social e que, polas súas circunstancias vitais, teñan difícil acceso a outros dispositivos de atención psicolóxica. Os usuarios deste servizo que Viravolta está a levar a cabo poden solicitar a consulta persoalmente ou ser derivados dende outros dispositivos: colexios, servizos sociais, atención primaria...
Agradecemos á Consellería de Traballo e Benestar o seu interese polas persoas en risco de exclusión, financiando este servizo de atención psicolóxica que promove a integración social e laboral de moitas familias.