05:: Noticias

26 de outubro de 2009

Apertura do novo curso en Viravolta

Inicio das actividades para o curso 2009-2010 en Viravolta

Comeza un novo curso, e tamén novas actividades en Viravolta. O interese mostrado polos mestres de diferentes colexios durante o pasado ano polo programa ¿Como mellorar o comportamento d@s nen@s?, resultou nunha ampla participación con resultados moi satisfactorios, tanto para os propios mestres implicados no programa, como para os rapaces e rapazas que se beneficiaron do mesmo mellorando a súa competencia social e académica. A partir de novembro comezamos unha nova edición do programa para familias e/ou profesorado, coa finalidade de solventar a demanda que moitos colexios nos veñen realizando. Os colexios que estiveron implicados no programa en cursos anteriores terán prioridade na participación nesta nova edición.

É por isto que ofrecemos a tódolos colexios interesados en coñecer a dinámica e características do programa unha reunión informativa gratuita, a realizar no propio centro educativo (consultádenos as datas disponibles no 986 524 198). A convocatoria iría dirixida a tódalas familias do alumnado dos centros interesados en participar. Para máis información chamade ó teléfono 986 524 198 ou a través do noso correo electrónico info@viravolta.org.

detalles

Fonte
Viravolta
  • CENTRO DE PSICOLOXÍA. CITA PREVIA: 986 52 41 98 
  • Rúa Nova 19 Entr. Porta 3
  • CP36630 Cambados, Pontevedra
  • Viravolta
  • Viravolta