02:: Que Facemos

02.1 :: intervención

En Viravolta buscamos solucións ás dificultades psicolóxicas, relacionais ou sociais das persoas que veñen ó noso Centro de Psicoloxía. Traballamos en equipo, así varios profesionais valoran cada caso. As datas e horas de consulta son flexibles, só tes que solicitar a túa chamando ó teléfono de cita previa ou a través do seguinte formulario.

A intervención psicolóxica e social que desenvolvemos ten que ver co noso contorno, por iso os profesionais de Viravolta nos desprazamos se o necesitas ó teu colexio, instituto, concello, asociación ou organización.
Temos EXPERIENCIA NO TRABALLO CON GRUPOS de pais e nais, orientadores, mestres, educadores, profesionais do ámbito sanitario e dos servizos sociais.

En ocasións é precisa unha INTERVENCIÓN PREVENTIVA, como a de axudar a rapaces con comportamentos difíciles a desenvolverse mellor na escola ou na casa, ou a de levar a cabo programas de habilidades sociais e comportamentos saudables con adolescentes.
Consulta as posibilidades connosco por correo electrónico ou por teléfono.


 

 

02.2 :: avaliación

Se a organización, empresa ou servizo que dirixes precisa dun ESTUDO OU INVESTIGACIÓN rigoroso e completo, Viravolta dispón das ferramentas para facelo. Profesionais con experiencia avalada no ámbito universitario da investigación deseñarán e levarán a cabo tódalas fases do proceso, dende os obxectivos da proposta á análise e difusión dos resultados.

 

 

02.3 :: formación

Dende Viravolta consideramos importante o intercambio de experiencias entre familias, entre o persoal dos centros educativos, entre profesionais da saúde, etc. Organizamos para promover ese intercambio CURSOS DE FORMACIÓN, SEMINARIOS, XORNADAS E COLOQUIOS.
Infórmate das actividades realizadas na sección Novas da nosa web.

 

 

02.4 :: xestión

Entre os intereses de Viravolta está a ATENCIÓN Á INFANCIA, MENORES E FAMILIA, polo que a xestión de recursos neste ámbito é un dos nosos obxectivos.
Se dende un organismo, asociación ou empresa queres solicitar SERVIZOS DE INCLUSIÓN SOCIAL OU LABORAL non dubides en contactar connosco.

 

  • CENTRO DE PSICOLOXÍA. CITA PREVIA: 986 52 41 98 
  • Rúa Nova 19 Entr. Porta 3
  • CP36630 Cambados, Pontevedra
  • Viravolta
  • Viravolta