01.1 :: viravolta
Viravolta é unha Sociedade Cooperativa Galega de ámbito autonómico, dedicada á intervención psicolóxica e social, que traballa coa pretensión de conseguir servizos de calidade técnica e humana, tanto nos aspectos organizativos coma nos de atención ás persoas.
Viravolta creouse no ano 2008, produto do nexo entre diferentes profesionais da área das Ciencias Sociais, especializados nos ámbitos de atención á infancia, menores e familia.
O equipo profesional desenvolve diferentes tarefas, destacando como eixos vertebradores:
• Intervención.
• Formación.
• Avaliación e Investigación.
• Xestión.
01.2 :: curriculum
O Equipo de nova creación, altamente cualificado, achega experiencia contrastada en ámbitos de intervención diversos e complementarios, provocando unha sinerxia que garante o éxito nas accións da entidade.
Os nosos profesionais destacan pola amplia formación en Psicoloxía, avalándonos a formación en programas de intervención familiar e intervención en problemas de conduta, así como a experiencia como terapeutas familiares.
A nosa práctica profesional está marcada pola investigación, docencia, e xestión de grupos. Temos experiencia no traballo con grupos de pais e nais, orientadores, mestres, educadores, profesionais do ámbito sanitario e dos servizos sociais. Asimesmo, o noso exercicio profesional engloba a educación de menores en risco e exclusión social, dende os colectivos de MENA ata menores con patoloxías mentais.
Entre os méritos do persoal de Viravolta, destacan diferentes comunicacións en congresos nacionais e internacionais e publicacións en revistas científicas.